Carballo a un paso

Inicio // Artigos // "De Belén ao Finisterrae", unha exposición única...

Compartir:

"De Belén ao Finisterrae", unha exposición única de beléns do mundo

Carballo acolle este Nadal unha mostra de pezas de artesanía de gran valor artístico e cultural

Este Nadal poderemos viaxar De Belén ao Finisterrae a través dunha das mellores coleccións de beléns de todo o estado. Unha selección das máis de 2.500 pezas artesás que integran o Taller Museo Santxotena (Áraba) chega a Carballlo para ofrecernos unha mostra única, froito de máis de vinte anos de traballo de Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes.

A exposición, que chega por primeira vez a Galicia grazas á colaboración entre a área de Turismo do Concello de Carballo e a Deputación da Coruña, permítenos facer un percorrido ao longo das rutas xacobeas que conducen ao finisterrae galego.

Galicia é, de feito, un dos territorios con máis presenza. A nosa comunidade achega 46 beléns, algúns deles creados por artesás e artesáns da provincia da Coruña como Alejandro Roig, Víctor Ares, Susana González, Carmen Piquer, Antonio Pereira (O Rulo), Juan Ferreira, Carlos San Claudio, Nano Unzueta, Marilá Gómez Caamaño, Fani Sánchez Barreiro e polos obradoiros Cerámica da Ulla, Feituras, Olería Aparicio e Alfarería O Falsete. Na súa elaboración utilizáronse materiais como o barro, a porcelana, a miga de pan, téxtiles… converténdose deste xeito nunha mostra da ampla oferta artesá de Galicia.

A exposición De Belén ao Finisterrae será inaugurada o 14 de decembro, ás 11.00 horas, no Pazo da Cultura. Ao acto, aberto a toda a cidadanía, asistirán o concelleiro de Promoción Económica e Turismo e vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a directora do Taller Museo Santxotena, Teresa Lafragua. A mostra poderá visitarse ata o 15 de xaneiro no horario de 16.30 a 20.30, de luns a sábado.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica