Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Carballo promociona os produtos das Panadarías de...

Compartir:

Carballo promociona os produtos das Panadarías de Carballo en Xantar

Estaremos o sábado 12 de novembro co pan, a empanada e o pan de ovo típicos do municipio no posto da Deputación da Coruña

Carballo promocionará na feira produtos das panadarías do municipio

Carballo promocionará na feira produtos das panadarías do municipio

9 de novembro de 2022 - Os produtos das panadarías de Carballo -pan, empanada e pan de ovo- estarán presentes na 23 Feira Internacional de Turismo Gastronómico Xantar. A cita ten lugar en Ourense do 9 ao 13 de novembro e Carballo, a través da Concellaría de Turismo e Promoción Económica que dirixe Xosé Regueira, estará o sábado día 12 nun mostrador específico situado no posto da Deputación da Coruña. O obxectivo é aproveitar esta excelente plataforma para dar a coñecer todas as posibilidades do municipio como destino e tamén e nomeadamente, parte da súa oferta gastronómica con máis sona. Ademais de produtos das panadarías carballesas, quen se acheguen á feira atoparán tamén no noso mostrador información turística xeral sobre Carballo: mar, praias, lecer, arte urbana, surf, termalismo, férvedas, patrimonio…

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Expourense é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de Feiras Comerciais Internacionais españolas. Cunha traxectoria de 22 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, tense convertido nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae ademais a outros participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica