Outono: tempo de cogomelos!
Apúntate ao Carballo micolóxico: unha actividade de busca, clasificación e degustación de setas que tamén inclúe un obradoiro de cultivo en madeira
Nesta estrea de Carballo micolóxico a actividade conta con Jaime Bernardo Blanco Dios, enxeñeiro agrónomo e presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, que nos acompañará na saída a campo e na selección e clasificación das setas; e tamén con Jesús López Penabad, enxeñeiro técnico forestal e experto no cultivo de shiitake, que nos amosará o método tradicional xaponés, en madeira. Anímaste a participar? Pois xa podes inscribirte cubrindo este formulario. Hai 40 prazas, así que non te demores.
E lembra! Para a saída de campo recomendámosche levar gorra, roupa e calzado impermeables, auga, navalla e cesta de vimbio. E se vas utilizar o autobús, non esquezas a máscara. Se estás inscrito/a e finalmente non podes acudir, agradecémosche que avises o antes posible en info@carballolimpo.com para que outra persoa poida ir no teu lugar.
Outono de cogomelos en Carballo!






