Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O festival Xiria Pop cumpre 25 anos!

Compartir:

O festival Xiria Pop cumpre 25 anos!

Sete grupos da escena musical galega, española e internacional estarán no Casino de Carballo o venres 23 e o sábado 24 de setembro

Xiria Pop 2022

22 de setembro de 2022 - O festival de música de Carballo que sempre marca a fin do verán enchendo a vila de sons popeiros e alternativos, o Xiria Pop, cumpre 25 anos. E faino un cartel excepcional: Manu Gastado & The Kosmik Tuwaregs (País Vasco), Pepsi & The Clits (Almería), Germán Salto (Madrid), The Cleopatras (Italia), Lamprea Explosiva (Vigo), Martin Savage & The Jiggerz (Londres), Buffalo (León) e os cabeza de cartel Asteroid B-612 (Australia), que recalan en Carballo na súa primeira xira por territorio español. O fundador, alma e factótum do Xiria Pop, Xabier Graña, conseguiu ao longo destes 25 anos convertelo nun dos referentes do circuíto alternativo de festivais nacionais consagrados ao pop, o rock e demais sons de apelido anglosaxón.

Este ano o Xiria Pop celébrase no Casino 1889, que abrirá as súas portas tanto venres coma sábado ás 21.00 horas, e ademais haberá unha sesión vermú o sábado 24 no Logradouro a partir das 13.00 h. con Bloque, a división electrónica e punk dos Lamprea Explosiva con asistencia libre para todo o mundo ata completar aforo. No que respecta aos concertos nocturnos, polas limitacións de espazo, só se poñen á venda 120 bonos para os dous días a un prezo de 15 euros. Se estás interesado/a só tes que pinchar aquí xa que está á venda en Woutick. Pero o festival é especial tamén porque neste 25º aniversario utiliza como imaxe un debuxo de Alberto Gende “que está gustando moito”, apunta Xabier Graña. É a homenaxe particular do Xiria Pop ao gran artista carballés, do que se conmemora este ano o décimo aniversario do seu pasamento.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica