Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Cultura viva // Música Tradicional

Compartir:

Música Tradicional

A tradición vira en música e danza en Carballo da man de grupos tan veteranos como Arume ou a Asociación Nemeth

Carballo conta con grupos de música tradicional tan veteranos como Arume, nacido en 1985 na parroquia de Berdillo, ou a Asociación Nemeth, que xuntou en 2002 os esforzos do grupo de Baile Tradicional Alfredo Brañas e as pandereteiras Xoldreira, que levaban xa anos de traballo ás súas costas. Na lembranza, como non, estará sempre o noso cantautor Xosé Manuel Eirís, finado en 1996.

Algunhas das nosas parroquias teñen tamén os seus propios grupos de baile tradicional e pandeireta. Tal é o caso de Cances, Sísamo ou Razo.

A gaita tamén ten unha importante presenza nas nosas terras, grazas ao traballo da Banda Municipal de Gaitas e a Banda Lembranzas de Bergantiños.

Todos os anos, o primeiro domingo de xuño a Asociación Nemeth organiza o Día da Muiñeira, e a finais do verán, nun dos últimos venres de agosto, o concello celebra o festival folclórico.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica