Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Volven as pistas e as escolas de vólei praia...

Compartir:

Volven as pistas e as escolas de vólei praia gratuítas a Razo!

De luns a venres e de 16 a 20 horas poderedes practicar este deporte na Explanada de Razo até o 31 de agosto

Volei praia 2022

15 de xullo de 2022 - Se che gusta o deporte, en Carballo dámosche a oportunidade de practicalo todos os días do ano. Pero ademais, este verán volven as redes de vólei praia á Explanada de Razo. As pistas teñen unha superficie aproximada de 750 metros cadrados e están abertas a calquera que queira participar na actividade, xa que o acceso é libre é gratuíto. O único que hai que facer é agardar quenda. Así, ademais de desfrutar da praia dun xeito diferente, poderedes contribuir a levar un estilo de vida saudable. E se non sabedes como xogar, non tendes escusa, porque tamén poñemos á vosa disposición escolas gratuitas.

As pistas estarán dispoñibles para o público de luns a venres, 16.00 a 20.00 horas, até o mércores 31 de agosto. As escolas de volei, que están abertas a todas as idades, teñen un horario de de 17.00 a 18.00 horas, nos mesmos días e datas. Por último, cada ano celebramos un torneo de vólei praia que este ano será os días 23 e 24 de xullo. Trátase dunha nova edición, a número 14, do Torneo Foliada, no que, ademais do campionato, haberá música, xogos e sorpresas. Nos últimos anos, a media de persoas que utilizan as pistas de volei cada verán sitúase nas 2.000. Toda a info e inscricións, en www.facebook.com/volei.razo e no teléfono 606 400 858.

Cada verán unha media de 2.000 persoas utilizan as redes de vólei praia da Explanada de Razo

A actividade de Vólei Praia en Razo está organizada pola Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte en colaboración co Concello de Carballo. A actividade presentouse en rolda de prensa coa participación do presidente da entidade organizadora, Rosalino Mariño, que estivo acompañado por varios monitores; o alcalde, Evencio Ferrero, e os concelleiros de Deporte e Praias, Marcos Trigo e Miguel Vales.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica