Carballo a un paso

Inicio // Artigos // O sol, a brisa do mar e un bo libro: combinación...

Compartir:

O sol, a brisa do mar e un bo libro: combinación perfecta este verán en Razo!

A Praia dos Libros volve abrir as súas portas de luns a venres nos meses de xullo e agosto e vén acompañada de citas para os máis pequenos

Praia dos Libros 2022

14 de xullo de 2022 - A biblioteca coas mellores vistas do mundo volve abrir as súas portas na praia de Razo. Así que este verán, e xa será o segundo, ademais de tomar o sol, practicar surf, bañarte ou xogar ao volei, terás ao teu alcance a pé de praia os últimos éxitos literarios e un punto de información cultural xestionado polo persoal das Bibliotecas de Carballo.Toma nota dos horarios:

  • XULLO: de luns a venres, de 13.30 a 17.30 horas
  • AGOSTO: de luns a venres, de 13.30 a 16.30 horas
A Praia dos Libros empezou a funcionar o luns 11 de xullo, e nela atoparás unha sección de empréstito, na que se require o carné da biblioteca, que pode tramitarse na propia instalación, e outra de bookcrossing, polo tanto de uso libre para a que non fai falta rexistro.

A praia tamén acollerá espectáculos de música e maxia, e proxeccións de cine ao aire libre

Pero A Praia dos Libros non chega soa, senón que ao longo do verán tamén se desenvolverán na beira do mar outras actividades culturais. Entre elas:

  • Mércores 20 de xullo, ás 13.00 horas, Canta música, espectáculo musical con Pablo Díaz e Olga Kirk, en Razo.
  • Mércores 17 de agosto, ás 13.00 horas, Galdaka, espectáculo de maxia con Dani García, en Razo.
  • Mércores 17 de agosto, ás 22.00 horas, proxección da película Jumanji: seguinte nivel, na Pedra do Sal, coa colaboración da Asociación Cultural O Castro de Lema.

Novo caderno de pasatempos!

Ademais de libros e espectáculos, na Praia dos Libros tamén podes conseguir o caderno de pasatempos “A píllara das dunas”, que estará de balde a disposición de todas as persoas interesadas. Tamén podedes conseguilo nos postos de salvamento e socorrismo das praias de Pedra do Sal e Baldaio-As Saíñas. Ademais de pasar un bo anaco, este ano tamén vos animamos a repetir a experiencia da píllara viaxeira, que tan boa acollida tivo o ano pasado, e que consiste en que compartades unha foto coa vosa “píllara”, dende calquera lugar no que vaiades este verán, etiquetando nas redes sociais ao Concello de Carballo e/ou Turismo Carballo. No caderno de pasatempos realizado, unha vez máis, en colaboración coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a píllara das dunas convértese nunha revista de pasatempos e lecer que combina os xogos de palabras cos numéricos e de lóxica, e todo centrado nas particularidades de Carballo.


Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica