Carballo a un paso

Inicio // Artigos // As fins de semana levan o nome do Verán Cultural!

Compartir:

As fins de semana levan o nome do Verán Cultural!

Se visitas Carballo en xullo e agosto tes plan seguro con concertos, danza, circo e a volta da Praza dos Libros: vén a vernos e desfruta!

Verán Cultural 2022

20 de xuño de 2022 - Este verán tes dúas opcións. Visitar Carballo e de paso ver as actuacións do Verán Cultural, ou vir a ver as actuacións do Verán Cultural e, xa que estamos, visitar Carballo. Porque un ano máis as findes de xullo e agosto veñen cheas de concertos, circo, danza, maxia, literatura, cine e festas gastronómicas e populares. Despois de tanto tempo sen celebracións, as próximas semanas prometen estar cheas de propostas para todos os públicos. Aquí vai un adianto do que che espera!

XULLO

  • Do 7 ao 10 de xullo / PRAZA DOS LIBROS. O Xardín Municipal énchese de creatividade e imaxinación: contacontos, música, danza, libros, presentacións e moitas outras propostas que encherán de ilusión o centro neurálxico de Carballo.
  • Venres 8 de xullo / BELLÓN MACEIRAS & MAMÁ CABRA. Concerto infantil para os máis cativos.
  • Sábado 9 de xullo / CONCERTO DE XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA. Presentan un espectáculo exclusivamente de voces e percusións tradicionais recuperadas de principios e mediados do século XX, con instrumentos de labrar o campo, utensilios de cociña ou latas de pemento.
  • Sábado 15 de xullo / NOVA GALEGA DE DANZA. Nova Galega de Danza presenta un espectáculo de danza, Leira, moi físico e no que fusiona o tradicional co contemporáneo, acompañado dunha excelente composición musical realizada polo carballés Sergio Moure.
  • Sábado 22 de xullo / CONCERTO DE XURXO FERNANDES. Unha das voces máis singulares do panorama actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición cunha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva.
  • Sábado 29 de xullo / CONCERTO DE UXÍA E JAVIER RUIBALUn retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca. Da man de dous excelentes artistas Uxía e Javier Ruibal, descubrimos a admiración que Lorca sentía pola poesía de Rosalía.

AGOSTO

  • Sábado 5 de agosto / CONCERTO DE BOYANKA KOSTOVA. Trap Rural. É como se definen a súa música o dúo galego formado por Cibrán García e Chicho, que son considerados os impulsores do twerking rural e un dos grupos que conseguiron que o trap entrase con forza no panorama musical en galego.
  • Venres 12 de agosto DESASTRONAUTS. Unha compañía circense que impresiona ao público máis cativo cos seus espectáculos de altura, humorísticos e imaxinativos.
  • Venres 26 de agosto / FESTIVAL DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL. Coa participación das asociacións con grupos de música e baile tradicional máis representativas de Carballo, que nos amosarán bailes, música e vestiario do noso patrimonio etnográfico.

A diversidade de espazos nos que se desenvolverá a programación, ao aire libre sempre que o tempo o permita, a variedade de xéneros e propostas, a calidade artística e a posta en valor da cultura galega conforman unha programación dirixida a toda a veciñanza de Carballo e comarca, visitantes e turistas. Pronto completaremos todas as citas e poderedes descargar o programa en PDF!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica