Carballo a un paso

Inicio // Coñece Carballo // Cultura viva // Música contemporánea

Compartir:

Música contemporánea

Actuación de Lowcos en Carballo

Actuación de Lowcos en Carballo

A forza do pop rock nas nosas terras amósase na organización de festivais como o Sereas e Piratas (no mes de xullo, na praia de Razo), o Rock’in (no San Xoán), o Xiria Pop (en setembro) ou o Festival Rock Live in Cances (en novembro).

Na época da movida, nos anos 80, naceron en Carballo grupos como Metro, pioneiro do panorama musical carballés, que chegou a gravar varios LPs, así como outras bandas nacidas ao calor do seu éxito. Tal foi o caso de Trámitess, Enkerfermos, Anónimos, La Semilla del Mal, La Crema, Jesse James, Los Vecinos, Estados Alterados, Distrito 15100…

The Cerne

The Cerne

No ano 2007 volvéronse a xuntar para lembrar vellos tempos e temas no Lembranza Rock, que tivo lugar no pub Dublín. A enerxía que abrollou daquel concerto foi tal que moitos deles volveron á escena con novas formacións. Tal foi o caso de The Cerne, Dude, The Killer Cats, Fric Frac, ou Versión Imposible.

Ademais das bandas da xente veterana, temos abondosos grupos das xeracións máis novas, como Falso Joker, Lowcos, Snots, Kraxe, Timperis, ou xa no terreo máis indie, Franc3s.


Feader Ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente Xunta de Galicia Deputación da Coruña Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atlántica