Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Percorre Carballo e Bergantiños coa Primavera en...

Compartir:

Percorre Carballo e Bergantiños coa Primavera en ruta!

Un ano máis o programa de andainas da Asociación Senda Nova convídanos a coñecer mellor a natureza e o patrimonio da nosa contorna

Primavera en ruta 2022

18 de abril de 2022 - A Primavera en Ruta xa está preparada para saír un ano máis, e xa van 13, ao encontro da aprendizaxe coa contorna e cos recursos naturais, culturais e paisaxísticos  como principal obxectivo. Medio cento de persoas acolleron de xeito especial o inicio dunha nova edición do programa máis antigo e emblemático da Asociación Ambiental Senda Nova. O Concello de Carballo e Protección Civil veñen colaborando ano tras ano no desenvolvemento do programa de rutas da asociación ambiental carballesa, na que poder coñecer mellor tanto Carballo coma toda a comarca de Bergantiños a través de andainas programadas para os domingos da primavera. Este ano as rutas serán entre o 24 de abril e o 12 de xuño cun total de 8 percorridos.

Este ano as rutas serán entre o 24 de abril e o 12 de xuño cun total de 8 percorridos

As inscricións para participar poden realizarse na base de Protección Civil de Carballo (edificio do ambulatorio vello), na praza Médico Eduardo Mariño. De luns a venres, de 9.30 a 13.30 h. A data límite de inscripción é ata 2 días antes de cada ruta. Os prezos: non socios/as, 8-6 euros (maiores-menores de idade), e socios/as, 6-4 euros (maiores-menores de idade).

RUTA A RUTA

  • O SON DO ANLLÓNS (Bergantiños) - 24 abril. O patrimonio ecolóxico dos nosos ríos dende o corazón de Bergantiños. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Carballo) - 1 maio. Os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena. Distancia aproximada 7 quilómetros. Dificultade moi baixa.
  • CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco) - 8 maio. O latexo da historia dende as corredoiras,. Distancia aproximada 18 quilómetros. Dificultade media.
  • RUTA DAS MÁMOAS (Cabana de Bergantiños) - 15 maio. A maxia dos petroglifos e megalitos. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • A FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo) - 22 maio. Descubrindo muíños e batáns escondidos. Distancia aproximada 20 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños) - 29 maio. Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.
  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA (Zas) - 5 xuño. Soneira dende os balcóns salvaxes de Pico de Meda. Distancia aproximada 16 quilómetros. Dificultade media-baixa.
  • CAMIÑOS DE CAIÓN (A Laracha) - 12 xuño. Os máis amplos horizontes cara o mar dende os mellores altares. Distancia aproximada 14 quilómetros. Dificultade baixa.

ASÍ SE FAN AS RUTAS

Presentación da actividade

Presentación da actividade | 📷 Senda Nova

  • Xuntámonos para comer o bocata xuntos e pasar o día. O horario de remate da actividade dependerá das características da ruta e do volume de participación.
  • Coñecemos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
  • Dende a organización encárganse de recollerte no transporte nos lugares habilitados.
  • Camiñamos en grupo.
  • Os roteiros foron deseñados para pasar por lugares de interese cultural, natural e paisaxístico, para poñer en valor o noso patrimonio e para escapar do asfalto.

IMPORTANTE

  • Debes ser puntual.
  • Pon calzado e roupa axeitados.
  • Leva unha mochila con impermeable, navalla, gorra e protección solar.
  • Nalgunhas saídas, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, as prazas poden ser limitadas.
  • O punto de encontro para a saída dende Carballo será a rúa Venezuela.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica