Carballo a un paso

Inicio // Artigos // A danza contemporánea en todas as súas...

Compartir:

A danza contemporánea en todas as súas expresións: esta primavera en Carballo!

Cinco espectáculos de compañías chegadas de Andalucía, Valencia ou Galicia do 22 de abril ao 8 de maio no Pazo da Cultura

Imaxe de De Mente, de Fran Sieira Compañía de danza

Imaxe de De Mente, de Fran Sieira Compañía de danza


5 de abril de 2022
 - A danza contemporánea regresa un ano máis aos escenarios de Carballo da man de 5 compañías. Esta primavera traen propostas non só de danza contemporána, senón tamén misturadas coa danza e a música tradicional galegas, coa plasticidade e coa emoción, creando perfomances únicas e coreografías cargadas de beleza e creatividade. Entre o 22 de abril e o 8 de maio o Pazo da Cultura ofrece espectáculos variados con propostas chegadas de Galicia, pero tamén de Granada e Alicante, e tamén cun oco para o público infantil e familiar. Apúntate a Primavera enDanza!

PROGRAMA

  • COLECTIVO GLOBO. EM-NA. Venres 22 de abril. 20.30 hEM-NA baséase na idea da vibración coma elemento manipulador. É unha investigación sobre a “acústica subcutánea” a través da vibración e do silencio resultante no corpo do outro. A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Duración: 60 min. Público: adulto. Prezo da entrada: 3 € / 2 € (reducido).
  • FRAN SIEIRA COMPAÑÍA DE DANZA. De Mente. Sábado 23 de abril. 20.30 h. Peza de baile e música tradicional galega froito dun minucioso traballo de investigación sobre as doenzas mentais. De Mente amosa en escena a evolución dos tratamentos, dende os amoreamentos carcerarios ata a externalización dos nosos días, ao tempo que aborda a necesidade de desestigmatizar este tipo de enfermidades e de favorecer a integración das persoas que as padecen. Estas e outras moitas cuestións serán tratadas en escena. Duración: 60 min. Público: adulto. Prezo da entrada: 5 € / 3,5 € (reducido).
  • JANET NOVÁS. Mercedes máis eu. Sábado 30 de abril. 20.30 hMercedes máis eu é un traballo de colaboración da artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón na que ambas exploran as relacións que existen e se establecen entre a súa danza e a súa música dando lugar a unha viaxe emocional cargada de beleza e creatividade. Entre instrumentos, recordos, cancións e bailes afloran conceptos do bagaxe de ambas. Duración: 1 h 5 min. Público: Adulto. Prezo da entrada: 5 € / 3,5 € (reducido).
  • OTRADANZA (Alicante). Vigor Mortis. Venres 6 de maio. 21.00 h. Quen non se preguntou algunha vez si existe o máis alá? Vigor Mortis fala dese outro lado. É unha viaxe traxicómica do ceo ao insondable da alma humana. Seres que flúen e exhalan con desgarro a memoria da vida na morte duradeira, seres que se axitan contra os tremores do destino. Duración: 55 min. Público: Adulto. Prezo da entrada: 5 € / 3,5 € (reducido).
  • DA.TE DANZA (Granada). Natanam. Domingo 8 de maio. 18.00 h. Cada persoa brilla con luz propia entre tódalas demais. Nesta peza vemos dous amigos que se atopan nunha sala de xogos. Descobren que hai auga, lume, vento e terra ordenados e a súa disposición. Un espazo de xogos pode ser unha praia, un deserto, pode ser o mar. E tamén... cando estamos sós, pode ser moitos mundos. Duración: 40 min. Público: A partir de 2 anos. Prezo da entrada: 4 € / 3 € (reducido).

O programa de Primavera enDanza realízase grazas á Rede Galega de Teatros e Auditorios. E non podedes perdelo!!!


Descargas

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica