Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Dezaseis webseries de todo o mundo compiten na...

Compartir:

Dezaseis webseries de todo o mundo compiten na sección oficial do IX Carballo Interplay

O festival ofrece do 6 ao 9 de abril propostas de Irlanda, Hungría, Canadá, Brasil, ou Países Baixos, ademais de Galicia e o resto de España

A temporada 4 de Mataría - Microserie é finalista da sección oficial a concurso

A temporada 4 de "Mataría - Microserie" é finalista da sección oficial a concurso

NOVAS RELACIONADAS:
O Carballo Interplay defende o talento autóctono
Aberto o prazo para presentar series ao Carballo Interplay

22 de marzo de 2022
 - Dezaseis webseries de todo o mundo competirán na sección oficial da novena edición do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 6, 7, 8 e 9 de abril na capital da Costa da Morte e que repartirá 2.800 euros en premios. A organización del festival elexíu, entre as propostas chegadas de todo o mundo, un total de 4 series galegas e en galego, 4 do resto do Estado e 8 do resto do mundo. Nesta edición as webseries finalistas divídense en tres bloques distintos segundo á súa temática. O primeiro deles é “Vaia historia!” e nel atópanse tres series cuxa trama fala da Historia, xa sexan relatos sobre a II Guerra Mundial ou unha nova biografía de Elisa e Marcela, dúas íconas do colectivo LGBT galego que desafiaron as convencións sociais fai máis de cen anos.

Repartiranse 2.800 euros en premios incluíndo mellor serie, mellor serie VO galego, mellor dirección ou mellor guión

O segundo bloque leva como título “Humanos en crise” e fálanos de distopías, thrillers climáticos e outras dificultades ás que se ten que enfrontar o ser humano na actualidade. A perda da memoria, a ansiedade social e os misterios que se agochan nas redes sociais son algúns dos temas que se abordan. Por último, o bloque máis variopinto e difícil de definir é “Mix de trasnadas” e, tal e como indica o seu nome, ten as series máis travesas de toda a edición. Dende a animación máis caótica e psicodélica sobre magos e monstros, ata as aventuras dun misto en stop motion, pasando pola curiosa historia dunha familia canadiense comunista na década de 1980 que loita contra o liberalismo imperialista estadounidense.

Premios e xurado

En total daranse 2.800 euros en premios, entre os cales están o premio a Mellor serie, de 800 euros, Mellor serie versión orixinal en gallego, tamén de 800 euros, e Mellor guion e Mellor dirección, ambos de 200 euros. Estos premios decidiraos un xurado composto por Marta Salicrú, directora de Radio Primavera Sound e xornalista con máis de quince anos de experiencia, Betu Martínez e Víctor Sala, cofundadores da revista online sobre series Serielizados e dende 2014 codirectores do Festival Internacional de Series de Barcelona e Madrid, Serielizados Fest, Ángela Andrada -en representación da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG)- e Lucía Estévez, en nome da Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA).

Ademáis, o público decidirá cos seus votos entre todas elas un premio de 400 euros e un xurado novo composto por Malva, entusiasta da cultura pop, os misterios sen resolver e Taylor Swift, dos que fala nas súas redes sociais e na revista Luzes, Berto Mira, músico pontevedrés coñecido por formar parte do conxunto Verto e polo seu recente traballo en solitario, e Nee Barros, youtubeire, escritore e músique que tamén forma parte do podcast Conversas Perversas, entregará outro premio de 400 euros.

Humor, política, temática social...

Entre as webseries internacionais que se poderán ver no IX Carballo Interplay hai propostas de Irlanda, Francia, Hungría, Canadá, Brasil, e Países Baixos. A maioría das series son en español (5), galego (5) e inglés (1), pero tamén se escoitarán historias en neerlandés, portugués ou francés. O Carballo Interplay ofrecerá, como ven facendo cada ano dende o seu nacemento, unha completa panorámica do que se está cocendo no mundo das series a nivel global. Atendendo a esta panorámica, a comedia ainda é a fórmula preferida polas creadoras e os creadores dixitais para contar as historias máis diversas. Dende o humor disparatado e psicodélico ata a comedia máis política, moitas buscan quitarlle algo de seriedade á realidade.

A Gala de clausura do festival celebrarase o sábado 9 de abril no Pazo da Cultura de Carballo

O público que se achegue á Sección Oficial deste IX Carballo Interplay poderá comprobar, tamén, a enorme relevancia que adquiriron as temáticas sociais nas produccións audiovisuais máis revolucionarias e persoais. A preocupación por un apocalipsis climático, o medo a perder a memoria, ou simplemente a frustración polo difícil que é ser un ser humano no S XXI son algunhas das cuestións sobre as que poñen o foco as e os creadores audiovisuais da Internet global este 2022. Por suposto, tamén aparecen temas bélicos, ambientados en crises pasadas, difíciles de superar. E algunhas doses de sarcasmo e retranca, para axudar a sobrelevar as dificultades e os problemas. 

Os nomes das webseries gañadoras coñeceranse, como cada ano, na Gala de clausura do festival, que se celebrará o sábado 9 de abril en Carballo. Aquí tedes un pequeno adianto.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica