Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Con desconto e de calidade? Merca do 7 ao 13 de...

Compartir:

Con desconto e de calidade? Merca do 7 ao 13 de marzo en Carballo!

Volve a Feira das Oportunidades do CCA Carballo coas mellores ofertas do comercio carballés: atoparás rebaixas de até o 70 por cento!

Feira das Oportunidades

4 de marzo de 2022 - Se queres aproveitar para cumprir un capricho ou simplemente necesitas un móbil, un abrigo, unhas botas, un pantalón de deporte... tes que visitar Carballo do luns 7 ao domingo 13 de marzo, porque volve a Feira das Oportunidades! Ata 35 establecementos do comercio carballés participan nesta cita para ofrecer descontos de até o 70% en artigos de moda, calzado, deporte, xoguetes, tecnoloxía... e moitos sectores máis. O que queiras, atoparalo! Ademais, tamén poderás ver un avance da tempada de primavera-verán. Só tes que pasear por Carballo, descubrir os comercios que participan, entrar e mercar. E todo coa calidade do comercio de proximidade!

Estes son os negocios participantes: A Fragua, Akira, Amai Store, Atelier, Benetton, Calzados Susa, Cenor, Charanga, Confecciones San Juan, D&A Complementos, Dequip, Doces soños, DV Carballo, Ekate, Florida Centro Joya, Informática Valem, La casita de Lu, Lencería Mª José, Mímate, Miriñaque, Moda Suárez, Necos, O barco dos soños, Perfumería Garrote, Pilar Mª Paquetería, Poppy, Retoños, Sastrería Miguel, Style, Teirón, Teirón nenos, Xoguetería Merliño, Zapatería Esther, Zapatillería Isabel e Zocas. Todos estarán sinalizados para que poidas atopalos con maior facilidade. Pásate por Carballo e descubre o mellor do comercio local!


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica