Esta primavera en Carballo temos Cultura con Forza!
Ofrecemos un programa con máis de 25 propostas entre febreiro e maio incluíndo exposicións, cinema, danza, teatro, música e moito máis
En resumo, son 5 proxeccións de cine, 5 espectáculos de teatro para adultos/as, 3 funcións do ciclo En Familia especialmente dirixidos á cativada, 1 actuación musical, 5 espectáculos de danza, 3 exposicións, 2 obras de teatro escolar cunha ducia de funcións, contacontos, concertos do Conservatorio Profesional de Música, Curruncho Pop (que une literatura e música)... En definitiva, unha aposta pola diversidade, a calidade, a cultura galega e a cultura segura.
POLO MIÚDO
CICLO AMAL EN RUTA
- Xoves 3 de febreiro. 20.30 horas. Gods of Molenbeek. Biblioteca Rego da Balsa
- Venres 4 de febrero. 20.30 horas. 200 Meters. Pazo da Cultura
- Xoves 10 de febreiro. 20.30 horas. The reports on Sarah and Saleem. Biblioteca Rego da Balsa
- Xoves 17 de febreiro. 20.30 horas. The return: life after ISIS. Biblioteca Rego da Balsa
- Venres 18 de febreiro. 20.30 horas. Gaza mon amour. Pazo da Cultura
MÁIS PROPOSTAS PARA FEBREIRO
- Venres 11. Teatro. Incendiaria e A Quinta do Cuadrante. A lúa vai encuberta. 21.00 horas.
- Domingo 13. En familia. Teatro Paraíso. Úniko (teatro para público familiar). 18.00 horas.
MARZO
- Venres 4. Teatro. Pérez & Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego. Os nenos da variola. 21.00 horas
- Venres 11. Concerto. Caldo. Caldo (música folk-fusión). 21.00 horas
- Xoves 17. Teatro. Atalaya. Celestina, la tragicomedia. 21.00 horas
- Domingo 20. En familia. Pedras de cartón. Quixote (teatro para público familiar). 18.00 horas
- Venres 25. Teatro. Redrum. Un home con lentes de pasta. 21.00 horas
- Domingo 27. Teatro homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Condetrespés. Rastros. 20.30 horas
ABRIL E MAIO: PRIMAVERA ENDANZA
- Venres 22. Colectivo Glovo. EM-NA. 21.00 horas
- Sábado 23. Fran Sieira Compañía de Danza. DeMente. 20.30 horas
- Sábado 30. Janet Novás. Mercedes máis eu. 20.30 horas
- Venres 6 de maio. Otra danza. Vigor Mortis. 21.00 horas
- Domingo 8. DA.TE. Danza Natanam (para público familiar). 18.00 horas
EXPOSICIÓNS
- #CMPL (Como mirar por luz) de Raúl Marín. Do 9 de febreiro ao 7 de marzo. Andar -1 do Pazo da Cultura.
- 1921-2021. 100 anos da bandeira galega no Palacio Municipal da Coruña. Do 9 de marzo ao 11 de abril. Andar 0 e andar -1 do Pazo da Cultura.
- Alberto Gende I Encher o baleiro. Do 11 de marzo ao 11 de abril. Sala de exposicións Alberto Gende, 3º andar do Pazo da Cultura.