Carballo a un paso

Inicio // Artigos // Apúntate á formación en xestión e promoción dos...

Compartir:

Apúntate á formación en xestión e promoción dos servizos turísticos

O Fórum Carballo acolle no mes de febreiro unha acción dirixida a persoas desempregadas dalgún dos 17 concellos da Costa da Morte

Instalacións de hostalería do Fórum Carballo

Instalacións de hostalería do Fórum Carballo | 📷 Turismo Carballo

3 de febreiro de 2022 - O Fórum Carballo converterase no mes de febreiro no centro de formación en xestión e promoción dos servizos turísticos da Costa da Morte. Preparar a persoas desempregadas para traballar en cociña, restauración e aloxamentos, favorecendo a súa inserción laboral pero tamén a mellora da xestión e da promoción turística, é o obxectivo da iniciativa promovida por Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) e financiada pola Deputación da Coruña.

O programa de formación é gratuíto e está aberto á participación de persoas en situación de desemprego ou afectadas por un ERTE que estean censadas en calquera dos 17 concellos que forman parte do xeodestino (Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). A iniciativa desenvolverase de xeito presencial nas instalacións do Fórum, cedidas polo Concello de Carballo. O programa, que terá continuidade ao longo do ano, consta nesta primeira fase de 105 horas de formación e inclúe tres cursos: Axudante de cociña, Servizo de bar e restaurante e Técnicas de procedementos de limpeza en aloxamentos turísticos.

DATAS E HORARIOS

Esta é a planificación:

  • Servizo de bar e restaurante. 35 horas. Días 1, 2, 3, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro, de 17:00 a 20:30 horas.
  • Axudante de cociña. 40 horas. Días 2, 3, 4, 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de febreiro, de 16:30 a 20:30 horas.
  • Técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos turísticos. 30 horas. Días 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18 e 21 de febreiro, de 17:00 a 20:45.


Ligazóns

Feader Ministerio de agricultura, alimentaci?n y medio ambiente Xunta de Galicia Deputaci?n da Coru?a Galicia Agader Costa da Morte - Terra Atl?ntica